O pasado mes de agosto firmouse o convenio entre o Concello da Coruña e o Hogar de Sor Eusebia, por un importe de 30.000,00 euros, para a financiación do programa de atención ás persoas maiores para a mellora da súa calidade de vida desenvolvido pola entidade durante o ano 2025.
O que se pretende e dar resposta ás necesidades das persoas afectadas por situación valoradas de exclusión ou emerxencia social e que carecen de recursos básicos, co obxectivo de conseguir o maior grao de independencia e autonomía posible de cada participante no programa.
Algunhas das actuación incluídas no programa son:
- Fomento e adestramento nas habilidades sociais
- Estimulación cognitiva
- Intervención nas actividades da vida diaria e educación para a saúde
- Intervención en ocio e tempo libre
- Expresión emocional
- Participación social e integración comunitaria
- Manexo do estrés e a ansiedade
- Intervención psicolóxica individual e grupal
Un ano máis contamos co apoio e a colaboración do Concello da Coruña no desenvolvemento das actividades do “Hogar”, para dar unha resposta adecuada ás necesidades das persoas máis vulnerables da nosa sociedade.






