O pasado mes de setembro firmouse o convenio anual 2025 entre o Concello da Coruña e o Hogar de Sor Eusebia, por un importe de 25.000,00 euros. O Concello da Coruña contribúe na financiación dos gastos xerais da entidade á loita contra a exclusión social e a reposta ás necesidades das persoas máis desfavorecidas. En concreto, para a actividade do Traballador Social que realiza actividades de xestión social e apoio na reinserción aos usuarios-residentes do Hogar de Sor Eusebia.
Un ano máis contamos co apoio e a colaboración do Concello da Coruña no desenvolvemento e mantemento da actividade do “Hogar”, para dar unha resposta adecuada ás necesidades básicas das persoas máis vulnerables da nosa sociedade.






