A Deputación da Coruña colabora coa Institución «Hogar de Sor Eusebia»

No Boletín Oficial da provincia da Coruña do día 13 de xullo de 2023, foi publicada a resolución da concesión definitiva do programa FOIE: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de centros de servizos sociais no ano 2023.

Deputación de A Coruña

NOTA INFORMATIVA

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA COLABORA COA INSTITUCIÓN “HOGAR DE SOR EUSEBIA” (NIF G15077225), MEDIANTE A CONCESIÓN DA SEGUINTE SUBVENCIÓN:

________________________________________________________________

Nº RESOLUCION CONCESION: R.P. 2023/27443 (B.O.P. Nº 133 de 13-07-2023)

BENEFICIARIO: HOGAR DE SOR EUSEBIA

PROGRAMA: FOIE/2023 CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O INVESTIMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2023

(Convocatoria BOP nº 26 de 07-02-2023).

OBXETO DA SUBVENCIÓN: INVESTIMENTO NO CENTRO DE ACOLLIDA E INCLUSIÓN SOCIAL HOGAR DE SOR EUSEBIA.

IMPORTE CONCEDIDO:  3.521,14 €

 

Un ano mais a colaboración da Deputación da Coruña contribúe ao investimento no centro de acollida e inclusión social “Hogar de Sor Eusebia” que continua dando resposta de forma eficaz as necesidades de persoas afectadas por situacións valoradas de exclusión social, especialmente das persoas sen fogar, proporcionándolles a cobertura das súas necesidades básicas, e traballando con elas para impulsar os cambios sociais e persoais necesarios para acadar a súa reinserción social.